As xogadoras de A Pinguela, subcampionas da Copa de España de Voleibol infantil

O equipo monfortino atravesa un extraordinario momento, xa que, ademais de subir ó podio nacional, seis das súas xogadoras foron convocadas pola selección galega infantil: María Rodríguez, Antía Rodríguez, Andrea Blanco, Aitana Castañer, Eva Rodríguez e Olalla López

As xogadoras de AD A Pinguela infantil posan na foto oficial da Copa de España de Voleibol de clubes, celebrada en Guadalajara entre o 27 e o 29 de decembro, que remataron como subcampeonas fronte a 12 equipos. (Foto:RFEVB).

O voleibol monfortino está a recuperar o protagonismo na competición entre os máis grandes, como demostraron as xogadoras da categoría infantil da AD A Pinguela na pasada Copa de España celebrada en Guadalajara do 27 ó 29 de decembro, onde as monfortinas subiron ó segundo lugar dun podio disputado entre os 12 mellores clubes procedentes de toda España.

UN EQUIPO DE GAÑADORAS

María Rodríguez, Paula Fernández, Nerea Patiño, Antía Rodríguez, Andrea Blanco, Aitana Castañer, Eva Rodríguez, Xiana Pestaña, Lucía Donado e Olalla López son as flamantes subcampionas de España, e que están a devolver a Monforte a paixón e a ilusión polo voleibol. Comandadas polo veterano Manolo Martínez, as xogadoras de infantil de AD A Pinguela amosaron estar á altura dos máis grandes, e afrontan con entusiasmo novos retos tras lograr este subcampionato. “Queríamos valorar a capacidade do equipo a nivel nacional, e que tamén nos servira esta proba para coller madurez en competición”, explicou o adestrador.

As monfortinas coa selección nacional de voleibol. (Foto:RFEVB).

OBXECTIVOS CUMPLIDOS E NOVOS RETOS

Manolo Martínez dá por ben cumplidos estes obxectivos co segundo posto na Copa de España, ó tempo que amosa a súa satisfacción pola decisión da selección galega de voleibol de convocar a nada menos que a seis das xogadoras de AD A Pinguela infantil. María Rodríguez, Antía Rodríguez, Andrea Blanco, Aitana Castañer, Eva Rodríguez e Olalla López participaron no entreno da selección galega o pasado 3 de xaneiro, e teñen por diante unha gran oportunidade de amosar a súa valía. “Con este equipo levamos traballando dende a base, e o obxectivo é mirar cara o futuro para recuperar o bo nivel que sempre houbo no voleibol monfortino”, suliñou Martínez.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

489 visitas á Oficina de Turismo de Monforte en decembro

Seguinte Nova

A sala de Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista do HULA xa funciona a pleno rendemento

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio