Enrique Sampil Sánchez, presidente do Círculo Saviñao:“Animo ós saviñenses bos e xenerosos a que den valor a esta asociación cultural e recreativa”

O Círculo Saviñao celebra o seu 55 aniversario

De esquerda a dereita, e brindando polos 55 anos do Círculo Saviñao: Pedro Guitían Sánchez, vicesecretario; Antonio Jesús Gallardo Rodríguez, tesoureiro; Yolanda Castaño, escritora e poeta; Enrique Sampil Sánchez, presidente; Camilo Rodríguez Curto, antiguo presidente do Círculo Saviñao;
Humberto Pérez Moinelo, secretario. (Foto cedida E. Sampil).

O pasado 21 de decembro, o Círculo Saviñao cumpliu 55 anos. Como está de saúde?

Ben, con ánimo para seguir tendo presenza no Saviñao mantendo o espírito co que naceu: ser un lugar de encontro de xentes con idades e ideas diversas que valoran convivir nunhas instalacións súas, nun lugar distinto, dinámico e aberto, coa posibilidade de recibir novas de calquera eido do saber ou do entretemento, e ademais autofinanciándonos, só con algunhas axudas institucionais finalistas e esporádicas. Non lle debemos a existencia a ninguén máis que ós socios.

O mundo cambiou moito dende 1958. En que cambiou esta Asociación Cultural e Recreativa?

Para ben, en que se remataron os enormes agobios económicos cos que viviu a nosa sociedade durante toda a súa historia, creo que gracias a unha xestión prudente dos cartos dos socios. Creo que tamén para ben no ámbito cultural. Temos un centro que leva recibido a importantes intelectuais e persoeiros de Galicia e de España e celebrado centos de actos de interese, sendo un foco de atención para a xente máis espelida do noso entorno. Para mal, en que, a pesar de que agora non hai censura como daquela, a xente nova non ven detrás empuxando e non abunda na actividade do Círculo Saviñao, polo que, como case todos os Círculos e Casinos Culturais, non estamos a vivir unha sana renovación xeracional. En 1958 eran os xóvenes quen levantaban a sociedade, incluso co seu esforzo persoal; en 2014 a maioría da xente nova non ve, de momento, a necesidade dun centro cultural e recreativo no Saviñao.

Os preto de 200 socios que dan vida ó Círculo Saviñao son unha boa cifra, nos tempos que corren. Defina brevemente as características do “bo/a socio/a” do Círculo.

Os socios do Círculos Saviñao o son de calidade: a maioría levan comprometidos coa entidade décadas e non regatean medios para vela medrar. Disfrutan cos seus éxitos e cos servicios que ofrecemos, aínda que non acudan habitualmente polo local social. Atrévome a dicir que son os mellores veciños: desinteresados, colaboradores e solidarios. Saben ver que a sociedade é boa para o pobo e para quen o habita. Pero necesitamos máis. A crise demográfica do interior de Galicia, sen dúbida a crise máis grave que estamos a sufrir, tamén nos afecta, e temos desde hai anos máis baixas que altas, polo que aproveito para chamar a todos os saviñenses bos e xenerosos para que valoren a existencia dunha entidade cultural-recreativa en Escairón e que se fagan socios, o único xeito de garantir a nosa actividade e, sobre todo, o noso futuro.

A directiva que vostede preside amosa unha vitalidade extraordinaria. Xa terán trazadas as liñas para celebrar estes 55 anos de Sociedade…

Estamos niso. Empezamos cunha serie de actos durante o Nadal que queremos continuar durante o ano que estamos, na mesma liña que viñemos desenrolando ata aquí: conferencias, literatura, teatro, pintura, música, bailes,… Actos cos que queremos colaborar a facer de Escairón e da nosa comarca un entorno máis dinámico, atractivo e con inquietudes diferentes.•

O Círculo Saviñao segue a ser un referente da vida cultural da comarca de Lemos, así como un forte elemento de dinamización social. Na foto superior, inauguración da exposición do artista Arturo Ceide, en decembro. A foto central recolle a festa de Fin de Ano 2013. Abaixo, imaxe da actuación das pandereiteiras e cantareiras da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva O Castro de Miño na víspera de Reis. (Fotos cedidas E. Sampil).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Foro de opinión: ¿Cómo vai repercutir a redución do número de deputados no Parlamento galego sobre a representatividade da provincia de Lugo?

Seguinte Nova

Emprego e benestar social marcan as prioridades da Deputación de Lugo para este ano

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio