A Escudería Terra de Lemos cumple no 6º Cam Rali Festival de Braga

O equipo formado por Eloy Pérez e Sonia López consiguen o duodécimo posto na xeral, nunha proba dura climatoloxicamente e na que participaron 173 pilotos

Sonia López e Eloy Pérez resultaron vencedores na súa categoría e división no 6º Cam Rali Festival de Braga (Portugal). (Foto cedida Escudería Terra de Lemos).

Durante a fin de semana do 25 ó 26 de xaneiro disputouse na localidade portuguesa de Braga o 6º Cam Rali Festival. Un total de 173 pilotos tomaron parte nesta proba, desenvolvida no Circuito Vasco Sameiro, cunha alta participación española.

GRAN ACTUACIÓN A PESARES DA CHUVIA

O sur de Lugo estivo representado pola Escudería Terra de Lemos, que participou co equipo integrado por Eloy Pérez e Sonia López. Os monfortinos completaron unha brillante actuación a bordo do seu BMW M3, a pesares da chuvia incesante durante toda a xornada. O tandem Pérez-López rematou a proba nun estupendo duodécimo posto na clasificación xeral, vencendo na súa categoría e división. «É un resultado moi satisfactorio, sobre todo tendo en conta as condicións meteorolóxicas, nada propicias para os coches de propulsión traseira, e o altísimo nivel de participantes», explicaron.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Sarriana consolida o liderato na casa do seu rival inmediato, o Escairón

Seguinte Nova

El Lemos recupera la esperanza en la salvación

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio