A Sarriana consolida o liderato na casa do seu rival inmediato, o Escairón

Satisfacción no clube sarrián polo resultado do encontro disputado en Escairón diante do inmediato rival. A vixésima xornada de Liga remataba co triunfo da SD Sarriana por dous goles a un, nun partido no que a vantaxe dos sarriáns no marcador mantívose ata o minuto 93, cando os de Escairón lograron o seu único tanto.

CLASIFICACIÓN DOS EQUIPOS DO SUR DE LUGO

Os 44 puntos que defenden o liderato da Sarriana en 1ª Autonómica están ademais avalados polos 46 goles a favor que computa, aínda que o Escairón apreta forta no segundo posto, con 40 puntos e 44 goles a favor. Nesta mesma categoría, o Taboada ocupa o sétimo lugar, con 33 puntos, e o Bóveda, cun partido menos, suma 33 puntos. A próxima cita da Sarriana será na casa, fronte ó Rioaveso, mentres que os de Escairón viaxarán para enfrontarse co segundo pola cola, o Muimenta. O Bóveda recibe ó Iberia, e o Taboada xoga na casa diante do Páramo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Charlas sobre Primeiros Auxilios nos colexios públicos de Monforte

Seguinte Nova

A Escudería Terra de Lemos cumple no 6º Cam Rali Festival de Braga

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: