34.986 euros será o montante final que a Xunta de Galicia destine ás obras de soterramento das infraestruturas eléctricas no núcleo urbano de San Clodio- Barrio de Outeiro. O voceiro do Partido Popular no Concello de Ribas do Sil, Jesús Ballesteros, destacou que este investimento amosa “o compromiso do Goberno galego con este municipio”. O voceiro popular lembrou que a liña de axudas da Xunta para a mellora do subministro eléctrico dos concellos contou en 2013 con 1,5 millóns de euros. Jesús Ballesteros afirmou tamén que se impulsaron infraestructuras de soterramento, tanto en obra eléctrica como en obra civil, o que permitiu traballar en prol da eliminación do impacto paisaxístico que xeran estas liñas, mellorando ademais as súas características técnicas, o que, en última instancia, suporá un incremento na calidade da subministración eléctrica.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
A Xunta de Galicia aprobou a implantación de 12 polos creativos e a execución de 12
Dende o 21 de xullo, a pasarela do Malecón de Monforte está cortada ao tráfico de
• Mentres desde o PSdeG pregúntanse «onde está o PP para pedir que a Xunta actúe
• Logo do preacordo que vén de firmar con FCC Aqualia S.A. para executar as obras
• A orden foi decretada polo Alcalde José Tomé Roca, para garantir á seguridade durante os