Esta actuación completa os traballos realizados noutros 16 concellos de toda Galicia, onde a Consellería de Medio Ambiente erradicou un total de 70 puntos de verquidos incontrolados, traballos ós que destinou un total de 370.134 euros. Estas medidas encádranse no Subprograma de clausura de puntos de vertido incontrolado, recollido no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 e para o que se dispón dunha dotación de 4,4 millóns de euros. Nos vindeiros seis meses, a Xunta ten previsto desenvolver unha campaña intensiva para eliminar máis de 100 puntos, á que destinará máis de 600.000 euros. Hai que engadir a rede de puntos limpos establecida, que suman 132 instalacións fixas por toda Galicia, o que dá servizo ó 75% dos cidadáns da nosa Comunidade.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou en Pantón a pegada que está a
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou xunto coa directora
• A través dunha proposición non de lei do Grupo Popular que tamén solicita a reactivación