Adxudicado o contrato de execución das obras de mellora da ETAP de Bóveda

O importe é de 573.594 euros, e está previsto que os traballos comecen en febreiro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, ven de adxudicar as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable de Bóveda, por 573.594 euros á empresa Aqualogy Medio Ambiente. Según informaron os responsables autonómicos, con data de 13 de xaneiro asinouse o contrato con esta empresa, que resultou a elixida de entre 17 ofertas que foron analizadas por Augas de Galicia. Está previsto que as obras comecen no mes de febreiro.

A XUNTA ABOARÁ O 100% DOS CUSTES

A actuación de mellora do sistema de abastecemento e ampliación da estación de tratamento de auga potable no Concello de Bóveda será abonada ao 100% pola Xunta de Galicia, e suporá “unha importante mellora de todo o sistema de abastecemento de Bóveda, dende a captación ata a planta de potabilización”, según explicaron os responsables da Consellería.

MELLORA DO PROCESO XERAL DO SUMINISTRO

Os técnicos precisaron que se vai executar unha nova captación no río Viloria que permitirá unha subministración de auga con calidade axeitada durante os períodos de proliferación de cianobacterias no encoro. Este auga será impulsada ata a potabilizadora mediante un bombeo con dúas bombas de 20 kw cada unha delas. Na planta potabilizadora proxectase unha terceira liña de tratamento de auga mediante filtración, co fin de incrementar a capacidade da planta dende 11 ata 17 litros/segundo. Tal e como se recolle no proxecto, será necesario reparar e renovar diversos elementos da estación de tratamento, realizarase unha impermeabilización e selado dos depósitos, repararanse os contadores de distribución ás parroquias e mellorarase e ampliarase o edificio. Tamén se instalará un novo cadro xeral de planta que permitirá un adecuado control e funcionamento da planta; e automatizarase de modo que o seu manexo sexa máis sinxelo e seguro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta investiu máis de 20.000 euros na eliminación de puntos de verquido incontrolados no municipio de Paradela

Seguinte Nova

Cultura xa dispón do estudo sobre a historicidade do Camiño de Inverno a Compostela

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: