Anova Sober reclama a constitución dun Consello Sectorial de Turismo no Concello

A Feira do Viño de Amandi, que se celebra anualmente en Sober,constitúe un dos principais eventos gastronómicos da provincia de Lugo. (Arquivo EC).

Os responsables de Anova en Sober reclama que se constitúa no Concello un Consello Sectorial de Turismo no que estén presentes todos os axentes sociais e económicos implicados no sector turístico do municipio. Según solicitaron os responsables municipais de Anova en Sober, a composición deste Consello Sectorial de Turismo contará tamén cos voceiros e voceiras de todas as forzas políticas, co obxectivo de deseñar conxuntamente a estratexia turística do Concello de Sober para o ano 2014, e con vontade de continuidade no tempo. Con esta iniciativa, Anova trata de implicar á cidadanía e a todo o sector no deseño da estratexia turística municipal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Literatura para a mocidade, no IES Daviña Rey

Seguinte Nova

O PP de Monforte iniciou contactos con asociacións e colectivos cara ós Orzamentos municipais 2014

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: