Charlas sobre Primeiros Auxilios nos colexios públicos de Monforte

Organizados polo Concello en colaboración co Colexio Oficial de Enfermería de Lugo

A concellería de Educación e Cultura, en colaboración co Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, ven de organizar nos colexios públicos de Monforte unhas charlas sobre primeiros auxilios.Esta iniciativa pretende proporcionar ó alumnado, ó profesorado e ós pais e nais coñecementos básicos para poder actuar correctamente en caso dalgún tipo de contratempo, como desmaios, feridas, golpes por caídas, etc. As charlas comezaron a impartirse no CEIP Monforte o pasado 27 de xaneiro e durante toda a semana. As sesións continuarán o luns 3 de febreiro ás 15:25 horas, cun grupo de alumnado de 6º de primaria; o martes día 4 ás 15:25 horas será a charla para o alumnado de 6º de primaria, e o mesmo día ás 17:15 horas haberá unha charla para o profesorado. Estas charlas enmárcase no convenio de colaboración entre o Concello de Monforte e o Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, para fomentar a cooperación entre ambas entidades, co intercambio de información, recursos, programas de formación e proxectos en favor da cidadanía. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Obradoiros de Scrapbooking e de Entroido na Ludoteca de Quiroga

Seguinte Nova

A Sarriana consolida o liderato na casa do seu rival inmediato, o Escairón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: