Ciclo de conferencias no IES A Pinguela a cargo de profesores da Universidade de Santiago

Un momento da conferencia do profesor José Edelstein sobre «¿Por qué la noche es oscura?», no IES A Pinguela, dentro do programa «A Ponte: Ensino Medio-USC». (Foto cedida).

Do 13 ó 31 de xaneiro, o IES A Pinguela de Monforte acolleu un ciclo de conferencias de diversa temática, impartidas por profesores da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co programa «A Ponte: Ensino Medio-USC». Bioloxía, física, economía, matemáticas, lingua e historia son os temas sobre os que xiraron as conferencias ás que asistiron os alumnos e alumnas do centro monfortino, temas tratados dende un punto de vista moi próximo á nosa realidade actual e ás nosas inquedanzas. O día 13, o profesor Manuel Lemos, da Facultade de Bioloxía, falou sobre «Os microorganismos, amigos ou inimigos?», e o profesor Francisco Dubért, da Facultade de Filoloxía, disertou sobre «Un paseo polos dialectos do galego». Xa o 16, o tema foi «A orixe e as consecuencias sociais da crise económica», a cargo do profesor da Facultade de Económicas Jaime Barreiro.

O profesor José Edelstein participou no ciclo de conferencias impartidas por ensinantes da Universidade de Santiago no IES A Pinguela de Monforte. (Foto cedida).

O 21, a conferencia versou sobre «Por qué la noche es oscura?», impartida polo profesor José Edelstein, da Facultade de Física, e o 23, o profesor Israel Sanmartín falou sobre «A histora medieval e a historiografía como ferramentas para entender como se constrúe a realidade». O ciclo remata o venres 31, coa conferencia «Matemáticas útiles, matemáticas bellas», que imparte o profesor Leovigildo Alonso, da Facultade de Matemáticas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Praza de Abastos sarriana, espazo para a dinamización local

Seguinte Nova

A gastronomía lucense e os novos produtos turísticos da Ribeira Sacra, presentes na última edición de FITUR

Últimas noticias sobre CULTURA

Concerto de vilonchelo

O violoncelista Carlos Vidal, galardoado en varios concursos internacionais, ofrecerá un concerto de violonchelo en Sober

A %d blogueros les gusta esto: