Marcas LugoSabe e Lug02: aposta pola calidade para impulsar a gastronomía e hostelería lucenses

A deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, entregou os diplomas ós 144 establecementos do sur lucense, acompañada polo deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, e o responsable de Aenor en Galicia. EC.

Gastronomía, paisaxe, natureza, viño… son os elementos da fórmula á que se alude para referirse a un dos piares económicos con máis futuro do sur lucense, o enoturismo. Un amplo tecido de pequenas e medianas empresas están a traballar arreo dende hai anos para ofrecer ós visitantes toda esta riqueza, e co fin de apoiar este afán pola mellora constante, a Deputación de Lugo puxo en marcha os distintivos de calidade LugoSabe e Lug02.

APOIO ÁS PEQUENAS EMPRESAS E AUTÓNOMOS, “A VERDADEIRA COLUMNA VERTEBRAL DA ECONOMÍA LUCENSE”

Estas marcas tratan de aumentar a competitividade e o posicionamento no mercado tanto das empresas agroalimentarias lucenses como dos establecementos turísticos de todo tipo na nosa provincia. Un camiño de traballo e esforzo que culminou coa entrega, o pasado 23 de xaneiro en Monforte, dos diplomas que acreditan a calidade de 144 pequenas e medianas empresas no sur lucense. A importancia de impulsar este sector foi destacada por Miguel Ángel Sotuela, deputado provincial de Goberno Interior e alcalde de Ribas do Sil, xa que “as pequenas empresas e os autónomos son a verdadeira columna vertebral da economía lucense”, e para as que o medioambiente está a ser unha “oportunidade de futuro”. Esta iniciativa da Deputación de Lugo está financiada nun 80% por fondos europeos a través do programa Lugo02.

Rosa López, responsable de Enoturismo na adega Regina Viarum de Doade- Sober: «Este selo de calidade axudará a que se coñezan máis os nosos viños, e a integración da adega nas rutas enoturísticas que o complementan é unha moi boa publicidade». EC.

LUGOSABE: MARCA DE CALIDADE PARA OS NOSOS PRODUTOS

Os 68 produtores que na zona sur da provincia acadaron a marca de calidade LugoSabe, outorgada pola Deputación de Lugo, superaron rigurosas auditorías de calidade, avaladas por AENOR, entidade líder a nivel internacional en certificación de sistemas de xestión, produtos e servizos. Así, baixo o distintivo LugoSabe ofrécense produtos autóctonos sometidos a rigurosas prácticas de cotnrol ó longo de toda a cadea de fabricación, dende a produción ata a distribución, pasando polo envasado, embalaxe e almacenamento. O feito de acadar esta marca de calidade LugoSabe, sen custe para os empresarios e autónomos, garántelles a posibilidade de gañar terreo no mercado a través dun distintivo común. “Xa estabamos na liña de mellora, pero este selo axuda a transmitir esta calidade de xeito conxunto, entre todos, aí está a novidade desta iniciativa”, suliña Óscar González, da adega chantadina Via Romana. Esta marca crea unha “identidade” para os nosos produtos baseada na calidade; “agora podes engadir esta marca en todo o material promocional, destacando a calidade dos viños”, explica Sonia López, responsable de Enoturismo da adega Regina Viarum, de Doade-Sober.

Manuel Fernández Pérez, chef do restaurante Manuel Bistró de Monforte: “Este selo ven reforzar o traballo que estabamos a realizar en prol da calidade dos nosos produtos”. EC.

LUG02, UNHA MARCA MÁIS ALÓ DA CALIDADE TURÍSTICA

Idénticas esixencias de control determinan a consecución da marca Lug02, dirixida a toda a gama de establecementos turísticos. Hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, pazos, restaurantes ou comercios poderán aumentar a súa competitividade e posicionarse mellor na ampla oferta turística gracias a este distintivo que abrangue, ademais dos requisitos esixidos polas Normas de Calidade Turística (ICTE) que avalan servizos óptimos, aspira a un obxectivo máis global. Según explicaron os responsables desta iniciativa provincial, a marca Lug02 está ligada á implantación das novas tecnoloxías, á conservación do medioambiente, e ó impulso dos produtos alimenticios da nosa provincia. «Este selo confírmanos algo no que xa estabamos a traballar, que é a calidade dos produtos, ó tempo que apostamos pola nosa terra», suliña Manuel Fernández Pérez, chef do restaurante Manuel Bistró, en Monforte. Esta visión global das vantaxes da marca Lug02 apóiase no afán de superación, seña de identidade dos pequenos empresarios e autónomos do sector turístico e agroalimentario do sur lucense. «É moi importante saber que hai alguén pendente do teu traballo, da túa mellora, e iso anímate a seguir esforzándote para mellorar e estar ó día en todo», comenta Rosa Lindoso, responsable da casa de turismo rural Rectoral de Castillón, en Pantón.

PROMOCIÓN E VENDA A TRAVÉS DAS RUTAS TURÍSTICAS VINCULADAS A ESTAS MARCAS

O colofón a este duro traballo ten que ser a venda, e con este obxectivo, a Deputación de Lugo ven de vincular a estes distintivos de calidade a creación dunha serie de rutas turísticas e medioambientais, centradas na gastronomía, enoturismo e natureza, para ofrecer ós negocios LugoSabe e Lug02 máis beneficios e oportunidades de saída. «Esperamos que funcionen, xa que son desde logo unha boa publicidade para a adega», suliña a responsable de Enoturismo de Regina Viarum. «Calidade témola, só hai que vendela, saber transmitila», insiste Óscar González, de Via Romana, quen suliña o importante de vincular os negocios con selo de calidade ás novas rutas turísticas: «Se imos un a un a buscar o turismo, quedamos en nada, e así facemos forza; hai moitas pequenas empresas con produtos impresionantes que non son capaces por sí mesmas de darse a coñecer, e así apareceremos todos como unha marca potente». A unidade de acción é valorada tamén por Manuel Fernández, do restaurante Manuel Bistró: «É unha idea moi positiva, porque as rutas danlle todo masticado ó turista, e desta unión beneficiámonos todos». Fernández considera que a Deputación de Lugo está a traballar «moi ben en dar pulo a esta zona». «É moi importante poder ser unha referencia, sobre todo en internet, e así conxuntamente conseguiremos promocionarnos o máximo», destaca Rosa Lindoso, quen incide en que «o maior problema desta zona é que está pouco promocionada, polo que estas iniciativas son fundamentais».•

WWW.LOSPRODUCTOSDELUGO.COM AUMENTOU UN 25% AS SÚAS VENTAS

•Co obxectivo de impulsar a proxección destes negocios, a Deputación de Lugo pon a disposición destas empresas a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com, cunha ampla oferta en alimentación, artesanía, moda, entretemento, aloxamento, restaurantes e servizos varios, así como un apartado específico para os produtos conservados en frío. Esta plataforma multiplicou por 7 as visitas dende a súa creación en 2011, e aumentou as súas ventas nun 25%. As empresas interesadas en ofrecer os seus produtos nesta plataforma poden adherirse de xeito gratuíto, e ademais reciben asesoramento para sacarlle o máximo partido.

144 REFERENCIAS DE CALIDADE NO SUR DE LUGO:

EMPRESAS AGROALIMENTARIAS DISTINGUIDAS COA MARCA LUGOSABE

Chantada: as adegas Xarreiro, Tejeiro Lemos, Portelo Terras de Líncora, Cabo do Mundo, Os Cipreses, Viña Garoña, Augavella, Covas 21, Amedo, Lareu, Pincelo, Vía Romana, Santa Mª de Nogueira e Veiga; produtores de Tenreira Galega Ecolóxica Pazo de Sabadelle; de castañas e confituras Miguel Areán e Fillos; de galletas ecolóxicas Lugar da Veiga, e de castañas, noces e mazás ecolóxicas, Lucía Blanco. O Saviñao: adegas Moure, Abadía da Cova, Vacavé, Dos Fortes, Miguel Ángel Garrido, Toalde e SAT Virxe dos Remedios. Pantón: adegas Saíña, Casa Moreiras e Losada Fernández; a panadería Tarrazo; e a empresa produtora de zumes naturais e marmeladas Tuta Fruta. Portomarín: Tartas Ancano. Quiroga: adegas Val de Quiroga e Mondelo; produtores de mel e pole, Miel Rural e Concepción González Pombo, e produtores de aceite de oliva virxe Almazara Val de Quiroga e Aceiroga. Sober: adegas Algueira, D´Fran, Viña Cichón, O Canón do Sil, Don Bernardino, O Canceliño, Regina Viarum, Priscilius, Mezquita, Tear, Val da Lenda, Cividade, Dominio de San Xiao, Marcelino I, San Mamed, Guímaro, Frieira, Cruceiro, Pretón, Proencia, Lucenza Adega Corvelle, Barbado, Décima, e Cardenal Rodrigo de Castro. Taboada: empresa produtora de carne de Tenreira Galega Ecolóxica Matadero Celtaverde. Paradela: panaderías Modesto e San Miguel; produtor de mel Manuel Abella; de Tenreira Galega Ecolóxica José Luis López e de castaña ecolóxica Inés Armesto.

ESTABLECEMENTOS HOSTELEIROS DISTINGUIDOS COA MARCA LUG02

Chantada: Hotel Mogay, Casa Quinteliña, pazo do Piñeiro e Casa das Xacias. Monforte: Hotel Ribeira Sacra, Hotel Condes de Lemos, Molinos de Antero, Parador e Casa Reboiro. O Saviñao: Torre Vilariño, Casa Santo Estevo e Casa Vilamor. Pantón: Hotel Balneario Augas Santas, Casa de Maside, Casa Dulcinea, O Canto da Terra, Casa Rural da Vila, Casa dos Muros, Aira Sacra e Rectoral de Castillón. Paradela: Pensión-Residencia Mesón do Loio. A Pobra do Brollón: Casa A Salanova, A Salanova 2, e Hotel rústico O Forno.Portomarín: Área de Turismo Rural Santa Mariña, Pensión Arenas e Hotel Pousada.Quiroga: Casa Grande da Ferrería de Rugando e Remansiño Hotel da Natureza. Ribas do Sil: Casa O Verxel. Sober: Rectoral de Anllo e Casa Grande de Rosende. Taboada: Casa Romualdo.

RESTAURANTES DISTINGUIDOS COA MARCA LUG02

Chantada: Mogay, Faragulla Wine Bar, Pazo do Piñeiro, Club Fluvial Belesar e Os Pendellos.Monforte: Zurich, Celler, La Maja, Picota Espazo Gastronómico, Los Goya, Bodegón Ribeira Sacra, O Grelo, Tapería Centro del Vino, Pizzería O Bon Gusto, Manuel Bistró, Don Manuel, El Parque, Barcelona, Pincho, Alola, A Ronda, El Lienzo, Don Pedro e O Xugo. O Saviñao: Torre Vilariño, Avenida e Durán. Pantón: Augas Santas, Rectoral de Castillón, e Carabelos. Paradela: Mesón do Loio. A Pobra do Brollón: O Forno. Portomarín: Pérez, Gonzar, Arenas e Pousada. Quiroga: Lar de Torrenovaes, Aroza e Ferreiriño. Sober: O Castelo, A Cantina, Rectoral de Anllo e Parada 2.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

24 titulados universitarios lucenses mellorarán a competitividade das PEMES grazas ó programa Reacciona

Seguinte Nova

Unha iniciativa cidadá busca revertir a sorte da Lotería en solidaridade e progreso para Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: