Monforte, sede da Gala do Atletismo de Galicia

Máis de cen atletas recibiron os recoñecementos polo seu traballo na tempada 2012-2013

•A Federación recoñecou a aposta do Concello polas “excelentes” pistas de atletismo •O presidente do Atletismo galego destacou o “extraordinario” traballo do clube de atletismo A Gándara •O Concello de Monforte recibiu o premio á Entidade comprometida co atletismo

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, exerceu de anfitrión da Gala Anual do Atletismo Galego, e fixo entrega dos premios ós Atletas Xuvenís, entre os que se encontra a plusmarquista monfortina Saleta Fernández. EC

• O Auditorio do Edificio Multiusos de Monforte de Lemos acolleu, o pasado 23 de xaneiro, a Gala Anual do Atletismo Galego, que recoñecía ós mellores atletas e clubes destacados durante a tempada 2012-2013. O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, destacou “o gran apoio de Monforte” a esta especialidade deportiva, manifestado no impulso dende o Concello de Monforte das pistas municipais de atletismo, e no “extraordinario” traballo desenvolvido dende o club de atletismo A Gándara nos últimos anos.

A tenente de Alcalde e concelleira de Xuventude do Concello de Monforte, Pilar López entregou os premios ós Atletas Veteráns nas categorías masculina e feminina de máis de 35 anos. EC

PREMIOS Ó APOIO Ó ATLETISMO

O Concello de Monforte foi unha das institucións recoñecidas co Premio ás Entidades Comprometidas co Atletismo, xunto coas catro Deputacións, o Concello de Santiago, a Televisión de Galicia, Coca-Cola e o Ilustre Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia. Tamén recibiu un recoñecemento o que fora Vicepresidente da Deputación de Lugo no anterior mandato, Antón Bao, polo seu impulso á construcción do módulo cuberto de atletismo en Lugo.

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, recolle de mans do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o premio concedido ó Concello de Monforte como Entidade Comprometida co Atletismo. EC.

A GALA DESTACOU O TRABALLO DE SALETA FERNÁNDEZ

Un total de 123 atletas, nove clubes de toda Galicia e catro seleccións galegas de diversas especialidades recibiron cadanseus galardóns. A monfortina Saleta Fernández, recente récord absoluto galego en salto de altura, foi homenaxeada durante a gala pola súa excepcional traxectoria.•

A atleta monfortina Saleta Fernández posa co premio que recoñece a súa excepcional traxectoria nesta última tempada. EC.

 

Un momento da homenaxe ofrecida á xove deportista monfortina na Gala Anual do Atletismo Galego, celebrada en Monforte. EC

 

O vicepresidente provincial, Antonio Veiga, recibe o galardón que recoñece á Deputación de Lugo como Entidade Comprometida co Atletismo. EC

 

O voceiro socialista no Concello de Monforte, José Tomé, entrega os premios ós atletas veteráns de máis de 60 anos. EC.

 

Foto de familia dos atletas premiados na Gala celebrada en Monforte. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga estrea unha imaxe urbana renovada da rúa Real

Seguinte Nova

Amplo rexeitamento social á subida das cuotas da Seguridade Social dos autónomos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: