O BNG de Sober presentou unha moción para que na Feira do Viño só se venda viño propio da Denominación de Orixe

A finais deste mes, o concelleiro do Bloque Nacionalista Galego en Sober, Óscar Alonso Díaz, presentou unha moción ante o Concello reclamando un regulamento cara á venda de viño nos postos de comida que se instalen en Sober durante a fin de semana de celebración da Feira do Viño de Amandi. Según explica Alonso Díaz, «non pode ser que os días nos que se resalta o produto máis importante do municipio, e que constitúe un dos pulmóns económicos das nosas xentes, o Concello permita que se venda viño que non sexa o propio da Feira. O concelleiro nacionalista en Sober puntualizou que en moitos postos de xantar ofrécese «un viño de peor calidade, entrando en competencia co propio da Denominación o día da súa festa». Alonso Díaz sinalou que «é a organización quen ten que lexislar para que isto non suceda, e así os viticultores e adegueiros de Sober sairán beneficiados».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Polémica polo prezo das parcelas do Porto Seco

Seguinte Nova

A Praza de Abastos sarriana, espazo para a dinamización local

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio