O PP de Monforte propón destinar a recadación do IBI ó pago de Sogama

O grupo municipal do Partido Popular en Monforte solicitou un informe ó servizo de Intervención Municipal no que se indique se o incremento de ingresos que representa a prórroga do tipo 0,60 do IBI correspondente ó exercicio 2014 supera, e en que contía, o importe do incremento previsto do canon de Sogama. A voceira popular, Julia Rodríguez Barreira, entende que, de ser suficientes estes recursos, o Goberno local podería destinar o importe recadado do IBI a sufragar o incremento do canon de Sogama “de xeito que non repercuta nos veciños de Monforte”.

“PARA QUE A SUBA DE SOGAMA NON REPERCUTA NOS VECIÑOS DE MONFORTE”

Dende o Grupo Popular reclaman tamén coñecer “a repercusión económico-financieira que pode traer consigo o impago das cantidades que lle corresponde abonar a Sogama en concepto de canon pola xestión e tratamento dos residuos urbanos”. Os populares lembraron que o canon será de aplicación salvo que se teña remitido acordo en contra no prazo de dous meses dende a entrada en vigor da lei orzamentaria “sen que no caso de Monforte haxa constancia de tal acordo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destina preto de 35.000 euros para o soterramento eléctrico en Ribas do Sil

Seguinte Nova

Quiroga estrea unha imaxe urbana renovada da rúa Real

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio