Polémica polo prezo das parcelas do Porto Seco

Vista xeral dos terreos do Porto Seco de Monforte . Arquivo EC.

O Porto Seco de Monforte foi protagonista da polémica política en torno ó prezo que a Xunta de Galicia ten previsto establecer para as parcelas desta zona, e que estaría en torno ós 71 euros o metro cadrado. Este dato foi remitido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas como resposta á solicitude presentada polo deputado socialista Vicente Docasar na que pedía copia do documento no que se recollía o custe que o Goberno galego establecía para estes terreos.

DOCASAR: “A XUNTA PON EN SERIO PERIGO A VIABILIDADE DO PORTO SECO”

Docasar solicitou esta documentación co obxectivo de “despexa a rumoroloxía que viña circulando neste sentido”, e unha vez coñecido este dato, o deputado socialista manifestou que “este prezo que se pretende fixar demostra que o Goberno de Feijóo pon seriamente en perigo a viabilidade do proxecto”, e criticou que “a Xunta non teña vontade política para converter a Monforte nun nodo loxístico de referencia”. Docasar considera que “pretender vender as parcelas a este prezo nos tempos actuais de crise”, e tendo en conta que en Galicia existen 2,8 millóns de metros cadrados sen ocupar en polígonos industriais, “pode ser un gran inconvinte para propiciar a instalación de empresas nesta zona”.

RODRÍGUEZ: “O PREZO NON SERÁ DEFINITIVO ATA QUE SE PUBLIQUE NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA”

Dende o Partido Popular de Monforte responderon a estas declaracións, cualificando de “irresponsable” a actitude do deputado socialista e criticou o “efecto perxudicial que estas palabras puideran ter na promoción da plataforma loxística”. A voceira do PP en Monforte, Julia Rodríguez, puntualizou que “o prezo estará fixado cando se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución da directora xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, aínda que a Xunta xa precisou na súa resposta que o importe final se prevé inferior ós 71 euros orientativos”. Asimesmo, a deputada autonómica anunciou a presentación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei para o seu debate en comisión na que instará á Xunta a que rebaixe a estimación inicial do prezo das parcelas do Porto Seco, de xeito que, aínda evaluando os coutes da actuación, o seu importe definitivo sexa inferior ós 71 euros. Tras este anuncio, o deputado socialista Vicente Docasar criticou “a incongruencia dos populares, que hai uns días nos tachaban de irresponsables e agora presentan unha iniciativa para pedir xustametne o que nós estabamos demandando”. Docasar aproveitou para lembrar ó responsables do Partido Popular en Santiago e en Madrid “que non teñen necesidade de presentar, coma nós, iniciativas, senón que o que teñen que faqcer é executalas, porque para iso están no poder”, e apuntou que “todo o demais é intentar enganar á opinión pública”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un proxecto de eficiencia enerxética mancomunado permite un aforro do 80%

Seguinte Nova

O BNG de Sober presentou unha moción para que na Feira do Viño só se venda viño propio da Denominación de Orixe

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: