Quiroga estrea unha imaxe urbana renovada da rúa Real

 

 

Imaxes do novo aspecto da rúa Real de Quiroga trala súa recente remodelación. EC.

• Quiroga comezou o ano coa inauguración da renovada rúa Real, centro neurálxico da vila, logo dunha serie de traballos de mellora e acondicionamento das dúas marxes da principal arteria urbana. Para a realización destas obras, o Concello de Quiroga contou con axudas da Consellería de Economía e Industria por importe de máis de 225.000 euros. A remodelación das beirarrúas, que ademais se ampliaron en varios puntos; a redistribución e ampliación da capacidade das prazas de aparcamento; e a renovación de diversos puntos de alumeado público contribúen a crear un entorno urbano máis humanizado.•

A inauguración da remodelada rúa Real tivo lugar durante as festas navideñas, coa presencia da directora xeral de Comercio, Sol Abeal, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte propón destinar a recadación do IBI ó pago de Sogama

Seguinte Nova

Monforte, sede da Gala do Atletismo de Galicia

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio