Sober, contra os estereotipos sexistas a través da música

Acolleu un espectáculo pedagóxico-musical promovido pola Secretaría Xeral da Igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, a chantadina Susana López Abella, asistiu á representación co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. SXI.

O Centro Sociocultural de Sober acolleu o día 21 a representación “I’ll be watching you”, un espectáculo pedagóxico, lúdico e musical que analiza os roles de xénero a través das cancións de amor e busca sensibilizar aos xoves ante condutas violentas. Este proxecto, promovido pola Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración coa Fegamp, analiza as cancións e produtos musicais que consumen os adolescentes desde unha perspectiva de xénero. Así, lévanse a cabo distintas actividades creativas e participativas para que, a través da diversión, a mocidade reforce o seu espírito crítico e sexa consciente da necesidade de actuar para previr situacións de violencia de xénero. O proxecto inclúe a análise dunha escolma de cancións coñecidas que falan das relacións de parella, do ideal de home e de muller, dos ideais románticos, dos celos, da posesión e da dependencia, entre outros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Visita institucional ós investimento do Fondo de Compensación Ambiental en Chantada e Carballedo

Seguinte Nova

Piden a creación en Chantada dunha sección de inglés da Escola de Idiomas de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio