Un proxecto de eficiencia enerxética mancomunado permite un aforro do 80%

Portomarín, Taboada e Antas participaron do programa de Iluminación Pública do Inega

O conselleiro de Economía e Industriadurante a súa visita a Portomarín para coñecer os resultados do programa de eficiencia enerxética. GPCEI

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou este mes o municipio de Portomarín, para coñecer os resultados do programa de Iluminación Pública do Inega, no que participan xuntos os concellos de Portomarín, Taboada e Antas de Ulla. Esta cooperación municipal fixo posible un aforro dun 80% na factura eléctrica destes tres concellos. Así, a actuación suporá un aforro na factura eléctrica anual da agrupación de case 40.000 euros nas rúas beneficiadas, e un aforro enerxético de case 185.000 KWh/ano. Deste xeito, impúlsase á cooperación municipal ó tempo que “se contribúe ó aforro enerxético dos concellos nunha das partidas máis destacables, xa que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dunha localidade”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Cultura xa dispón do estudo sobre a historicidade do Camiño de Inverno a Compostela

Seguinte Nova

Polémica polo prezo das parcelas do Porto Seco

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio