Visita institucional ós investimento do Fondo de Compensación Ambiental en Chantada e Carballedo

O vicepresidente da Xunta valorou ós concellos que mancomunan servizos

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visita os traballos de iluminación realizados con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental na comarca de Chantada, acompañado polo alcalde de Carballedo, Julio Yebra, e o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela. GPVXG.

O 24 de xaneiro, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou os concellos de Carballedo e Chantada para comprobar de primeira man os investimentos realizados con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental, acompañado pola secretaria territorial de Lugo, Marta Barreiro, e os rexedores de Carballedo e Chantada, Julio Yebra e Manuel Lorenzo Varela.

CARBALLEDO E CHANTADA, “EXEMPLO DE PRESTACIÓN CONXUNTA DE SERVIZOS”

Rueda destacou o exemplo dos dous concellos ao concorrer á subvención do Fondo de Compensación Ambiental de xeito conxunto. Según suliñou o vicepresidente da Xunta, este esforzo ten permitido levar a cabo unha actuación de arredor de 70.000 euros para mellorar o alumeado público de varias parroquias en ambos municipios e lograr unha maior eficiencia enerxética. Alfonso Rueda lembrou que a Xunta está a impulsar a cooperación dos concellos galegos e a “discriminar positivamente nas súas subvencións aos que apostan pola prestación conxunta de servizos”, como é o caso de Carballedo e Chantada. “Así os concellos teñen máis opcións no reparto de axudas e poden xerar economías de escala que se traducen en aforros”, explicou Alfonso Rueda.

“AFORRO, EFICIENCIA E MELLORES SERVIZOS Á CIDADANÍA” POLA COLABORACIÓN ENTRE CONCELLOS E XUNTA

Neste caso concreto, ademais de aforrar por apostar pola eficiencia enerxética no seu alumeado, tamén se aforraron preto de 3.000 euros ao contratar conxuntamente a actuación e non facelo por separado. Unha vez máis a coordinación entre os concellos, e destes coa Xunta, ten permitido levar a cabo iniciativas que benefician tanto aos veciños como ao medio ambiente, “que é o espírito do fondo que xestiona a Vicepresidencia”, precisou Alfonso Rueda. O vicepresidente explicou que “cada vez existe máis cultura de colaborar entre os distintos entres locais, o cal permite evitar duplicidades, ser máis eficientes e ofrecer mellores servizos aos cidadáns, que é o obxectivo que deber perseguir todas as Administracións”.

BENEFICIOS DO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL

O Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa que a Xunta puxo en marcha en 2010, permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico. O Fondo representa un triplo beneficio para os concellos, xa que axuda ás súas facendas, coopera na conservación do medio natural, e aposta polo reequilibrio territorial, xa que beneficia sobre todo a municipios pequenos e do interior.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Amplo rexeitamento social á subida das cuotas da Seguridade Social dos autónomos

Seguinte Nova

Sober, contra os estereotipos sexistas a través da música

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio