A alumna do IES A Pinguela Sara Moure, premiada nun concurso literario polo Ministerio de Defensa

A alumna Sara Moure recibiu o seu diploma de mans do Teniente Coronel Luis Gallego, que se desprazou ata Monforte para a entrega deste recoñecemento.  (Foto cedida).
A alumna Sara Moure recibiu o seu diploma de mans do Teniente Coronel Luis Gallego, que se desprazou ata Monforte para a entrega deste recoñecemento. (Foto cedida).

Sara Moure, alumna do IES A Pinguela de Monforte, foi a vencedora da fase provincial do concurso literario “Carta a un militar”, convocado polo Ministerio de Defensa para o alumnado de Bacharelato. A alumna recibiu o seu diploma acreditativo de man do Teniente Coronel Luis Gallego, quen, acompañado polo brigada Jesús Longarela, se desprazou ata este centro de ensino de Monforte con este fin.

CERCANÍA ENTRE A MILICIA ESPAÑOLA E A SOCIEDADE CIVIL

Durante o acto de entrega do diploma, e coa presencia do alumnado de 2º de Bacharelato, Sara Moure procedeu á lectura do seu traballo, que pode lerse na web www.cartaaunmilitar.com, e o Teniente Coronel Gallego destacou a cercanía que existe entre a milicia española e a sociedade civil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Campaña de FETE-UGT Lemos contra o cambio “inxustificado” de libros de texto

Seguinte Nova

Obradoiro de igualdade para adolescentes en Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: