Os interesados poden inscribirse na Casa da Cultura de Quiroga antes do 7 de marzo
A Confraría do Viño de Quiroga, en colaboración co Concello de Quiroga e a Deputación de Lugo, organizou un curso de cata de viños entre o 11 e o 14 de marzo. As sesións serán na sala de catas do Museo Etnográfico, de 18,30 a 21,30 horas. O curso será impartido por un enólogo da adega Alan de Val, e os participantes aprenderán as habilidades básicas da cata de viños, adquirirán coñecemento da técnica de cata, comprenderán a elaboración dos distintos tipos de viños galegos e coñecerán os caldos das cinco Denominacións de Orixe de Galicia, así como as súas variedades de uva. O curso vai dirixido ó público en xeral, con prazas limitadas por orde de inscrición. O prazo de inscrición remata o 7 de marzo, na Casa da Cultura de Quiroga. Estableceuse un prezo orientativo de inscrición, que será de 40 euros para os confrades, e de 45 para o público en xeral.