AGE esixe á Xunta que habilite un novo xulgado de primeira instancia en Sarria

Alternativa Galega de Esquerdas denunciou no Parlamento galego  o “colapso” do xulgado de Sarria. EC.
Alternativa Galega de Esquerdas denunciou no Parlamento galego o “colapso” do xulgado de Sarria. EC.

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) reclamou no Parlamento de Galicia o reforzo do xulgado de Sarria. O pasado 4 de febreiro, esta formación política, a través da súa viceportavoz, Yolanda Díaz, denunciou “a negativa do Partido Popular a solucionar o colapso do xulgado de primeira instancia e instrución de Sarria”.

UN SEGUNDO XULGADO EN SARRIA, “NECESIDADE URXENTE” SEGÚN A MEMORIA XUDICIAL DE 2012

Yolanda Díaz defendeu en Comisión parlamentaria unha proposición non de lei que pon de manifesto a necesidade de habilitar un novo órgano de primeira instancia na vila, xa que “cos datos da actividade do actual xulgado en Sarria non se explica que non se cree un segundo órgano xudicial”. No texto da proposición, a viceportavoz de AGE indica que na memoria xudicial de 2012 dos tribunais e xulgados de Galicia inclúese dentro das “necesidades urxentes” a creación dun segundo xulgado de primeira instancia e instrucción en Sarria”.

“OFENSIVA DO PP POR LIQUIDAR O ACCESO IGUALITARIO Á XUSTIZA”

Posteriormente, Yolanda Díaz lamentou que “o partido que sostén o Goberno de Alberto Núñez Feijóo rexeitara esta iniciativa escudándose en agardar á remodelación do mapa xudicial do Estado”. A viceprotavoz de AGE no Parlamento galego criticou que “mentres se agarda a esta remodelación, o xulgado de primeira instancia é o máis sobrecargado do Estado na xurisdición civil”, tendo en conta os datos do Consejo General del Poder Judicial Para Alternativa Galega de Esquerda (AGE), “a actitude da dereita reaccionaria encarnada polo Partido Popular encádrase dentro da súa ofensiva por liquidar o acceso igualitario de toda a cidadanía á xustiza”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Entregados os premios do Certame de Poesía Infantil Nadal 2013 de Sarria

Seguinte Nova

Menos trámites para cambiar a titularidade dos vehículos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: