Ampliado o prazo para ver no Museo de Lugo a exposición sobre a cerámica de Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo na factoría de O Castro-Sada, en 1952. (Foto cedida- Álbum da exposición “A vangarda das formas”).
Isaac Díaz Pardo na factoría de O Castro-Sada, en 1952. (Foto cedida- Álbum da exposición “A vangarda das formas”).

Dende o Museo Provincial de Lugo anunciaron que, debido ao enorme éxito que está tendo a mostra “A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo”, decidiuse prolongar un mes máis a apertura ao público desta exposición, que poderá visitarse ata o 2 de marzo. Trátase dunha mostra na que, a través de máis de 350 pezas, se amosa a evolución creativa deste polifacético intelectual galego neste eido, dende 1947 ata 2006, con obras pertencentes ás tres fábricas que fundou e dirixiu: O Castro (Sada-A Coruña), Magdalena (Arxentina) e Sargadelos (Cervo-Lugo). Esta singular exposición, a primeira sobre esta faceta artística de Díaz Pardo, inclúe bosquexos orixinais dalgunhas das pezas que se expoñen, bosquexos que ven a luz por vez primeira. Ademais, moitas das pezas desta mostra son descoñecidas e outras son prototipos de pezas que non se chegaron a comercializar ou que xa están esgotadas hai moito tempo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Semestre de teatro en Monforte

Seguinte Nova

O Pazo de Tor, esceario principal da adaptación cinematográfica da novela “A esmorga”

Últimas noticias sobre CULTURA

 
A %d blogueros les gusta esto: