Completadas 35 obras na comarca de Sarria por importe de 246.100 euros

•As obras, solicitadas polos veciños, foron financiadas ó 100% pola Deputación de Lugo •En Paradela remataron 3 obras cun investimento de 36.000 euros

A deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, supervisou as obras desenvolvidas no municipio de Paradela. GPDL.
A deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, supervisou as obras desenvolvidas no municipio de Paradela. GPDL.

Os concellos da comarca de Sarria, especialmente as zonas do rural, beneficiáronse de 35 actuacións de mellora en pequenas infraestruturas que están a completarse nestes días. As obras foron solicitadas polos veciños e financiadas na súa totalidade pola Deputación de Lugo, que investiu nestas actuacións na comarca sarriana 246.100 euros.

MELLORAS PARA A VECIÑANZA E PULO Ó EMPREGO

A comezos de febreiro, a deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables do organismo provincial, Sonsoles López Izquierdo, desprazouse a Paradela para supervisar tres das que acaban de completarse neste municipio, e nas que a Deputación investiu 36.000 euros. López Izquierdo destacou a importancia destas obras que ““malia súa pequena contía, posto que non sobrepasan os 12.000 euros, son fundamentais para poder levar a cabo obras que supoñen melloras substancias para a calidade de vida dos veciños, ó tempo que aforran cartos ás arcas municipais”. A deputada tamén suliñou a repercusión destas actuacións no emprego para pequenas empresas e autónomos, “xa que se contribúe a manter postos de traballo nuns tempos especialmente complicados para este sector”.

ARRANXO DE CAMIÑOS EN PARADELA

As obras desenvolvidas no municipio de Paradela consistiron no acondicionamento de accesos. En concreto, realizouse o arranxo dun camiño veciñal no lugar de Mosteirovello, núcleo principal da parroquia de Santa María de Castro de Rei de Lemos, que conta con máis de 600 veciños. Esta obra foi financiada pola Deputación con 12.000 euros. Na mesma parroquia, tamén se acondicionou o camiño de Corga de Arriba da Barreira en Bustaregas, cun investimento provincial de 12.000 euros. Por último, o organismo provincial financiou no municipio de Paradela o arranxo do camiño de Albariza, en Bacorelle, cunha aportación de 12.000 euros. Todos os camiños acondicionados permiten o acceso a fincas de traballo, e a súa mellora beneficia a máis dun cento de veciños. A Deputación de Lugo financiou obras nos sete concellos da comarca de Sarria, cun investimento medio por concello de 35.000 euros. Un 46% do total das obras corresponderon a arranxos de camiños e accesos a fincas de traballo ou núcleos poboacionais. Outro 45% das obras realizáronse en dotacións de uso comunitario, como o arranxo de locais sociais, lavadoiros ou áreas recreativas, mentres que o 9% restante corresponderon a obras de arranxo de fontes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte mellora na xestión do lixo, cunha redución do 2% en 2013

Seguinte Nova

Pantón participa no obradoiro de emprego da Xunta que acondicionará varias áreas recreativas do municipio

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: