Convocan os premios para os mellores deportistas e clubes de Monforte

A concellería de Deportes do Concello de Monforte ven de poñer en marcha a segunda edición do concurso para elixir ós deportistas e clubes máis destacados do 2013. As categorías que se establecen son mellor deportista, masculino e feminino; entidade deportiva ou club máis distinguido en canto á promoción do deporte; premio á deportividad; e como novidade desta edición, premiarase ó mellor deportista promesa, masculino e feminino, do 2013. A presentación de candidaturas deberá ser feita por parte do club ou entidade deportiva, nas catro categorías. No caso de que un atleta individual compita de xeito independente, será este o que presente a solicitude. As inscricións deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte antes do 28 de febreiro ás 14:00 h. Os vencedores daranse a coñecer na “Gala do Deporte Monfortino”•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo de inscrición no campus Baloncesto no Camiño 2014 de Sarria

Seguinte Nova

O club Neka organizou unha xornada de tecnificación en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: