A Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha este mes unha canle propia para as cooperativas galegas na plataforma YouTube, o almacén videográfico máis importante na internet. Esta canle leva o nome das «Cooperativas de Galicia», cabeceiro adaptado ao deseño das redes sociais da campaña «Anímate a emprender! Cooperativízate!», e o lema explicativo: «A canle de vídeos do cooperativismo galego». A páxina preséntase con preto de cen vídeos que reflicten a capacidade e diversidade da economía social galega. Según explicaron os responsables de Traballo, esta ferramenta pretende agrupar e dinamizar a videoteca do cooperativismo galego para facela accesible desde calquera dispositivo, en calquera punto xeográfico e en calquera momento. As posibilidades de promoción multiplícanse porque Youtube rexistra mil millóns de usuarios mensuais no mundo e é o sitio web líder de audiencia en España. O obxectivo desta canle é, según explican dende a Consellería, converterse nunha lanzadeira audiovisual dos principios, produtos e servizos das cooperativas galegas, e nun espazo onde poñer en valor as iniciativas de emprendemento, innovación, internacionalización e formación do modelo cooperativista, que xa conta con 90.000 socios e socias en Galicia.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa