Tres das premiadas, Claudia Rodríguez, Elena Vilela e Lucía Vilela acadaron dous premios e un accesit, respectivamente, na fase provincial

A finais de xaneiro, a Biblioteca Pública Municipal de Sarria entregou os premios correspondentes ó Certame de Poesía Infantil Nadal 2013. Os premiados na categoría ata 8 anos foron Claudia Rodríguez Bergantiños, co traballo “Nadal”; Andrea Saá Tourón, co poema “Nadal”; e Lucía Vilela Vázquez, coa composición “Xa chega o Nadal”. Pola súa banda, na categoría de 9 a 11 anos, os galardoados foron Laura Castro Fernández, polo poema “A festa do Nadal”; Lucas García Sindín, polo traballo “Poema do Nadal”; e Paula López Pombo, polo escrito “O espírito do Nadal”. Por último, os recoñecementos para os participantes na categoría de 12 a 16 anos foron Belén Garañana Durán, pola obra “Xesús”; Noa Sanmartín Franco, polo poema “O Nadal”; e Elena Vilela Vázquez, pola composición “Nun portal de Belén”. O xurado desta fase local estivo composto por José Manuel Bello Rodríguez, Carme García Conde, Francisco Pérez González e, como secretaria, Mª Esther Ramos González. Asimesmo, Claudia Rodríguez Bergantiños e Elena Vilela Vázquez resultaron gañadoras en cadansúa categoría na fase provincial deste Certame, no que tamén acadou un accesit Lucía Vilela Vázquez.•