Febreiro, mes de comadres, compadres e volantes en Monforte e Chantada

Os grandes desfiles e festas de disfraces na comarca serán a primeiros de marzo

O sur de Lugo comeza a dar os primeiros pasos para a celebración do Entroido, que terá os seus días fortes entre o 1 e o 4 de marzo. Mentres se afinan os programas festivos cara os desfiles de comparsas e carrozas nos respectivos concellos, o mes de febreiro permite ir entrando no ambiente festivo coas citas de Monforte e Chantada.

Monforte premiará as mellores comadres e compadres en febreiro. Arquivo EC.
Monforte premiará as mellores comadres e compadres en febreiro. Arquivo EC.

2.400 EUROS EN PREMIOS PARA OS MELLORES COMPADRES E COMADRES

Na cidade do Cabe, a delegación de Cultura do Concello de Monforte organiza os xoves de Compadres e Comadres, que terán lugar o 20 e o 27 de febreiro, respectivamente. Os participantes nestas dúas actividades poderán optar a dous premios especiais, o de Etnografía e o de Crítica social, que se repartirán os 2.400 euros que o Concello dispón para este concepto. O prazo de inscrición para participar no Xoves de Compadres remata o 19 de febreiro, e para o Xoves de Comadres o prazo expira o día 26. As inscricións deberán realizarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. Toda a información sobre estes eventos, así como o modelo de instancia para cursar a inscrición poden atoparse no Rexistro Municipal, nas oficinas da Delegación de Cultura, e na web www.monfortedelemos.es. simesmo, o prazo para inscribirse no Desfile do Martes de Entroido remata o 28 de febreiro.

A parroquia chantadina de Santiago de Arriba traerá o colorido e a tradición do Entroido Ribeirao. Arquivo EC.
A parroquia chantadina de Santiago de Arriba traerá o colorido e a tradición do Entroido Ribeirao. Arquivo EC.

COMEZA O ENTROIDO RIBEIRAO

A tradicional cita cun dos Entroidos máis sobranceiros de Galicia será o domingo 16 de febreiro na parroquia chantadina de Santiago de Arriba, cando a partir das catro da tarde celebrarase o Domingo Lambedoiro, coa actuación do grupo de gaitas de Vigo «Os de aquí e os de aculá». Haberá pinchos e viños para todos os asistentes, así como un sorteo sorpresa. O festival de cor e beleza que leva consigo a aparición dos Volantes pola parroquia, acompañados polo son dos peliqueiros e a comparsa dos mecos actualizarán, un ano máis, esta celebración de alto valor etnográfico. A tradición chantadina segue o 23 de febreiro, co Domingo Corredoiro. Xa en marzo, o domingo e o martes de Entroido seguirá a festa en Santiago de Arriba, cunha merenda, xogos populares e premios.•

O sur de Lugo presumiu de Entroidos en Compostela

O Oso de Salcedo e os Volantes de Chantada, nos actos de exaltación dos Entroidos galegos

O Oso de Salcedo na Praza do Obradoiro, durante os actos de exaltación dos Entroidos galegos.  GPCC.
O Oso de Salcedo na Praza do Obradoiro, durante os actos de exaltación dos Entroidos galegos. GPCC.

Para destacar o valor do Entroido como recurso turístico, a Axencia Galega de Turismo organizou un acto de exaltación dos Entroidos galegos que se celebrou en Santiago de Compostela o 9 de febreiro. As representacións máis sobranceiras destas manifestacións festiva na nosa provincia, como o Oso de Salcedo ou os Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada, participaron na cita compostelá, «unha ocasión de gran impacto para a difusión e potenciación turística» destes eventos tradicionais do sur lugués, según manifestou a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias. «Este evento axuda a potenciar os nosos entroidos, xa que posúen un efecto dinamizador no eido económico moi importante para as comarcas nas que se celebra”, suliñou Arias.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Etnografía e memoria festiva na exposición sobre os Reis de Bóveda

Seguinte Nova

Inaugurada a nova potabilizadora de Monforte en Ribasaltas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: