Inaugurada a nova potabilizadora de Monforte en Ribasaltas

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asistiu ó acto de inauguración

• A nova potabilizadora de Ribasaltas supuxo un investimento de 6,2 millóns de euros, dos que a Xunta aportou 2,5 millóns, Acuaespaña 3 millóns, e o Concello de Monforte 612.000 euros •Con esta infraestrutura, mellora en cantidade e calidade a auga potable do suministro da cidade de Monforte

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a inauguración da ETAP de Ribasaltas, acompañado do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, entre outras autoridades. EC.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a inauguración da ETAP de Ribasaltas, acompañado do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, entre outras autoridades. EC.

O 13 de febreiro quedou inaugurada en Ribasaltas a nova estación de tratamento de auga potable de Monforte, que permitirá un mellor servicio de suministro para os preto de 20.000 veciños da cidade do Cabe.

NÚÑEZ FEIJÓO: «A PESARES DA CRISE, A XUNTA MANTÉN O SEU COMPROMISO COA GALICIA INTERIOR E COA MELLORA DAS SÚAS DOTACIÓNS»

O acto de inauguración da nova potabilizadora contou coa presencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou «a importancia nestes tempos de crise, de manter e cumprir os compromisos de investimento coa Galicia interior», en referencia ós 2,5 millóns de euros que a Xunta de Galicia aportou para levar adiante esta infraestrutura, completando o investimento de 3 millóns de euros de Acuaespaña, e de 612.000 euros aportados polo Concello de Monforte, ata sumar os 6,2 millóns de euros que supuxo esta infraestrutura.

A nova ETAP de Ribasaltas supuxo un investimento de 6,2 millóns de euros, aportados pola Xunta de Galicia, Acuaespaña e o Concello de Monforte. EC.
A nova ETAP de Ribasaltas supuxo un investimento de 6,2 millóns de euros, aportados pola Xunta de Galicia, Acuaespaña e o Concello de Monforte. EC.

SEVERINO RODRÍGUEZ, ALCALDE DE MONFORTE, GABOU «O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA CON MONFORTE» POR TER REMATADA A NOVA ETAP DENTRO DO PRAZO PREVISTO

Os responsables autonómicos tiñan previsto que a nova potabilizadora de Ribasaltas estivese lista para entrar en funcionamento a comezos do ano 2014. Neste sentido, o alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, gabou o «compromiso da Xunta de Galicia, e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, coa cidade de Monforte» polo feito de ter rematada a nova potabilizadora dentro dos prazos previstos. Asimesmo, Severino Rodríguez agradeceu «o compromiso da empresa construtora», Construcciones San José, polo seu desenvolvemento profesional no cumprimento dos prazos.

A XUNTA INVESTIRÁ ESTE ANO EN MONFORTE 14 MILLÓNS DE EUROS, E AS OBRAS DOS ACCESOS Ó PORTO SECO COMEZARÁN EN MARZO

A nova estación de tratamento de auga potable de Ribasaltas trátase dunha obra hidráulica que ampliará o sistema de abastecemento do Concello de Monforte, xa que mellorará a calidade do abastecemento e permitirá pasar dos 200 litros por segundo actuais aos 300 litros por segundo coas novas instalacións. Durante o acto de inauguración da ETAP de Ribasalta, Alberto Núñez Feijóo lembrou que o compromiso da Xunta con Monforte vai máis aló desta nova potabilizadora, en referencia ós 14 millóns de euros que o Goberno galego ten incluídos nos Orzamentos para este ano, destinados ás obras do corredor Sarria-Monforte, e para os accesos ó Porto Seco, cuxas obras comezarán no mes de marzo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Febreiro, mes de comadres, compadres e volantes en Monforte e Chantada

Seguinte Nova

Curso de cata no Centro do Viño de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: