Máis fondos europeos para mellorar a inserción laboral

A Deputación de Lugo acadou outros 600.000 euros, o que incrementa ata os 4,1 millóns os fondos do II Pacto Provincial polo Emprego

Este programa ofrecerá formación prática remunerada a 1.000 lucenses desempregados

Foto de arquivo do curso "Atención especializada para enfermos de Alzheimer", celebrado en Monforte no marco do I Pacto polo Emprego. Arquivo EC.
Foto de arquivo do curso «Atención especializada para enfermos de Alzheimer», celebrado en Monforte no marco do I Pacto polo Emprego. Arquivo EC.

• A comezos deste ano, a Deputación de Lugo presentou os Orzamentos 2014, tendo como principal reto a creación de emprego. Entre as diversas actuacións deseñadas con este fin sitúase o II Pacto polo Emprego, que figuraba nas contas provinciais cunha dotación de 3,5 millóns de euros, cofinanciados nun 80% pola Unión Europea. A punto de comezas nas vindeiras semanas este proxecto, dende o ente provincial anunciaron que a Deputación de Lugo ven de incrementar ata os 4,1 millóns de euros os fondos para o II Pacto polo Emprego, ó conseguir acadar outros 600.000 euros da Unión Europea. Dende o ente provincial suliñan a importancia desta nova partida destinada a favorecer a inserción laboral dos desempregados lucenses, e que ven sumarse ás diversas liñas de acción que, en materia de emprego e proxectos de futuro, está a poñer en marcha a Deputación. En paralelo a estes investimentos, o organismo provincial está á cabeza das Deputacións de España menos endeudadas, e mellorando notablemente a xestión de pago a proveedores en referencia a outras administracións.

UNHA OPORTUNIDADE FORMATIVA EN PROFESIÓNS DE FUTURO

As accións para favorecer o emprego na nosa provincia, que rematou o 2013 como a provincia galega onde máis aumentou o paro en termos relativos no mes de decembro, constitúen o obxectivo dunha serie de proxectos impulsados polo organismo provincial. O II Pacto polo Emprego destinará 4,1 millóns de euros a ofrecer formación gratuíta sobre profesións de futuro e a posibilidade de realizar práticas remuneradas a 1.000 lucenses desempregados, co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral. A primeira fase do I Pacto polo Emprego, na que participaron 575 persoas, conseguiu que máis de 100 delas seguiran traballando. Xa na segunda fase deste proxecto, desenvolvérons 22 accións formativas centradas en 13 temáticas diferentes vinculadas ós sectores con máis proxección de futuro na nosa provincia. Así, a atención sociosanitaria e a dependentes constitúe, según un informe do Ministerio de Traballo de outubro de 2011, un dos nichos de empregabilidade con máis futuro, e que o citado informe cifra en 200.000 novos empregos ata 2015 en España. Outro dos sectores con máis proxección é o medioambiental, cun 235% máis de emprego xerado na última década, superando os 24.000 empregos en Galicia e os 500.000 en España. O terceiro piar para a creación de emprego sitúase no eido das tecnoloxías da información e a comunicación, área que se estima chegue a xerar 218.000 empregos en España ata 2020.

Foto de arquivo do curso "Coidador de discapacitados físicos e psíquicos", celebrado en Monforte no marco do I Pacto polo Emprego. Arquivo EC.
Foto de arquivo do curso «Coidador de discapacitados físicos e psíquicos», celebrado en Monforte no marco do I Pacto polo Emprego. Arquivo EC.

ENTIDADES COLABORADORAS E DISTRIBUCIÓN DOS CURSOS NO NORTE, CENTRO E SUR DA PROVINCIA

As accións formativas do Pacto Provincial polo Emprego realízanse en colaboración con diversas entidades sociais e empresariais vinculadas a cada unha das tres grandes áreas temáticas. Así, Cruz Vermella, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Unións Agrarias- UPA, ou Asociación Provincial de Empresarios da Construcción foron algunhas das entidades colaboradoras nos cursos levados a cabo en Monforte. Asimesmo, e para facilitar ós beneficiarios do Pacto a asistencia ós cursos e o seu máximo aproveitamento, os responsables provinciais fixaron tres localidades como cabeceira das accións formativas na zona norte, centro e sur da provincia de Lugo.

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA E AGRICULTURA ECOLÓXICA, OS PUNTAIS DE FUTURO EN MONFORTE

Na segunda fase do I Pacto polo Emprego, foi Monforte a cidade de referencia para a realización dos cursos correspondentes á zona sur, unha das áreas que máis demandou as accións formativas deste proxecto, cun 34% do total dos participantes da segunda fase (115 dos 340 beneficiarios). Os cursos de coidador de discapacitados físicos e psíquicos, atención especializada para enfermos de Alzheimer, ou auxiliar de enfermería en Xeriatría ofreceron ós participantes unha oportunidade de formarse en atención sociosanitaria en Monforte, mentres que o curso de produtor de hortalizas ecolóxicas introduciu ós asistentes no prometedor eido da agricultura ecolóxica. Asimesmo, e buscando a reciclaxe do importante número de desempregados procedentes da construcción, a segunda fase do I Pacto polo Emprego incluiu na programación desenvolvida en Monforte un curso de instalador de permeabilización. Os participantes na segunda fase do I Pacto polo Emprego recibiron durante todo o período formativo teórico-prático unha axuda económica en torno ós 400 euros, compatible coa prestación por desemprego ou con outras axudas públicas con este mesmo fin.

XORNADAS COMPLEMENTARIAS Ó PACTO POLO EMPREGO

Logo desta serie de accións formativas, o I Pacto polo Emprego completouse coa celebración en Monforte dunha xornada sobre Formación para o emprego, aberta tanto ós participantes no proxecto como ó público en xeral. Diversos especialistas explicaron ós asistentes as estratexias para acadar un posto de traballo, partindo da idea de que a propia búsqueda de emprego debe ser planteada como un verdadeiro emprego. Ademais de estratexias concretas, os poñentes transmitiron ós participantes a importancia da autoestima e da motivación para sacar adiante un proxecto profesional e para incrementar as posibilidades de acceso a un posto de traballo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Volven os Mercados temáticos de Monforte

Seguinte Nova

Saleta Fernández, campiona galega de salto de altura

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: