A Axencia Tributaria de Galicia e a Dirección General de Tráfico asinaron un convenio de colaboración, con validez dende o 3 de febreiro, para o intercambio e a cesión mutua de información a efectos tributarios, e así os contribuíntes galegos terán que facer menos trámites neste procedemento. A Axencia Tributaria obterá do Registro General de Vehículos a información necesaria para practicar a liquidación do Impostos sobre Transmisións Patrimoniais (ITP), e unha vez liquidado este imposto xerará un Código Electrónico de Transmisións (CET) que se lle entregará ao cidadán. Con isto, o contribuínte só terá que facilitar este código á DGT no momento de solicitar o cambio de titularidade de vehículo, en lugar de levar o xustificante en papel. A DGT solicitará un código válido ao cidadán, e unha vez verificado procederá ao cambio de titularidade e á emisión dun novo permiso de circulación.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Restaurante Casa Antonio en Goián, no concello de Pantón leva 27 anos funcionando, comezou como
Madrid Fusión é sen dúbida o congreso de gastronomía máis influente de España, e acaba de
Medio Rural da Deputación de Lugo reforza neste 2023 o seu apoio á plataforma de venda
• A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte a unha poboación de máis
O Concello de Bóveda vén de iniciar as obras para a creación dunha nave para viveiro