Monforte mellora na xestión do lixo, cunha redución do 2% en 2013

•Dende o Concello valoran moi positivamente este dato, que explican pola mellor reciclaxe que realiza a cidadanía, e pola “beneficiosa influencia” do sistema de cubeo

A cidadanía de Monforte contribúe de xeito efectivo á redución da cantidade de residuos sólidos urbanos cunha mellor reciclaxe. Arquivo EC.
A cidadanía de Monforte contribúe de xeito efectivo á redución da cantidade de residuos sólidos urbanos cunha mellor reciclaxe. Arquivo EC.

A Concellería de Servizos Municipais fixo públicos os datos referentes á recollida de lixo en 2013, que rexistraron unha redución do 2% na cantidade de residuos sólidos urbanos, cun total de 6.329,20 toneladas de residuos recollidos nas bolsas negras. Esta diminución implica un menor gasto no que se paga a Sogama por este concepto, e que ascende a 60 euros por tonelada. En canto á recollida selectiva, a reciclaxe do vidro medrou un 15% respecto a 2012, con 247 toneladas recollidas, mentres que no papel e cartón houbou unha diminución de 5% nos contedores específicos, debida á recollida “porta por porta” que o Concello realiza para favorecer ós negocios a recollida deste tipo de materiais. En canto á recollida de envases, diminuiu nunha tonelada, debido a unha mellor selección do lixo, o que propiciou un 20% menos de presencia de impropios no colector amarelo, evitando as sancións para os Concellos con máis dun 22% de porcentaxe. A recollida do aceite doméstico segue en alza, cun 3% máis que en 2012. Pola súa banda, a recollida gratuíta a domicilio de mobles e enseres que realiza o Concello medrou case un 10%.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober amosou a súa riqueza gastronómica na Feira Xantar 2014

Seguinte Nova

Completadas 35 obras na comarca de Sarria por importe de 246.100 euros

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: