A vindeira cita coa competición para os monfortinos será o día 22, no Campionato Galego de Promesas cadete e junior
Durante o mes de xaneiro, no club Neka traballaron arreo para preparar as competicións deste ano. Dentro deste intenso programa de traballo, no club monfortino acolleron o pasado 9 de febreiro unha xornada de tecnificación infantil, impartida pola campiona de España e bronce de Europa Estefanía Hernández. “Moi unha experiencia moi positiva”, explica José Mª Vega, adestrador e responsable do club Neka, “sempre é un pracer aprender de Estefanía, xa que ademais dunha grande profesional, ten un gran trato humano, e moita capacidade didáctica”. Estefanía Hernández xa visitara o club Neka o pasado ano, para impartir unha xornada de tecnificación. Na sesión do día 9 participaron un total de 20 deportistas do club Neka, e outros 10 do club Jansu de Vilalba. “Os rapaces son moi receptivos, e a verdade é que estas sesións son moi útiles, aprendemos todos”, explica Vega.
PRÓXIMA CITA NO CAMPIONATO GALEGO PROMESAS
Con toda esta bagaxe de entrenos, os de Neka afrontan a competición con ilusión, e xa preparan o equipo de deportistas que participarán no Campionato Galego de Promesas cadete-junior. Na cita do día 22 en Cangas tomarán parte José Roca, Carlos Fernández, Alejandro Losada, Saúl Martínez, Mario Fernández, Yago García, Manuel Veloso y Alejandro López, “aínda que esperamos se sume algún rapaz máis nestes días”, precisa Vega.•