O IES A Pinguela, 4º clasificado para a final da V edición do Parlamento Xove 2014

Javier Díaz Sánchez, Andrea López Otero, Lucía González Rodríguez e Alicia Dapena Pérez, acompañados do director do IES A Pinguela, Enrique Sampil, lograron pasar á fase final do V Parlamento Xove, que terá lugar no Parlamento de Galicia o 26 de abril. (Foto cedida).
Javier Díaz Sánchez, Andrea López Otero, Lucía González Rodríguez e Alicia Dapena Pérez, acompañados do director do IES A Pinguela, Enrique Sampil, lograron pasar á fase final do V Parlamento Xove, que terá lugar no Parlamento de Galicia o 26 de abril. (Foto cedida).

Javier Díaz Sánchez, Andrea López Otero, Lucía González Rodríguez e Alicia Dapena Pérez, son os componentes do grupo que participaron recentemente na V edición do Parlamento Xove, na fase correspondente á ESO, celebrada no Pazo de Mariñán, en A Coruña. Nesta iniciativa que organiza anualmente a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, o equipo do IES A Pinguela, formado por alumnos de 4º ESO, obtivo o 4º posto entre os 21 equipos participantes ó gañar os tres debates celebrados contra o Centro Educativo Galén de Lugo, o CPI Conde de Fenosa de Ares e o Colexio Filipense Sagrada Familia de Vilagarcía. Estes catro centros disputarán a final do V Parlamento Xove, que se celebrará no Parlamento de Galicia o vindeiro 26 de abril.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Asociación Lugopatrimonio organiza para o sábado 22 unha visita cultural a Ourense

Seguinte Nova

«Cooperativas de Galicia», agora en Youtube

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio