O Pazo de Tor, esceario principal da adaptación cinematográfica da novela “A esmorga”

A rodaxe realizarase na primeira quincena de marzo

Na presentación desta iniciativa cultural no Pazo de Tor estiveron presentes o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro; o director do filme, Ignacio Vilar; e os actores Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, e Karra Elejalde. GPVDL.
Na presentación desta iniciativa cultural no Pazo de Tor estiveron presentes o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro; o director do filme, Ignacio Vilar; e os actores Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, e Karra Elejalde. GPVDL.

O Pazo de Tor servirá de escenario para a rodaxe das escenas principais do filme “A esmorga”, adaptación cinematográfica da gran novela de Eduardo Blanco Amor, obra referencial dentro da narrativa galega. O anuncio desta iniciativa, que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, realizouse a finais de xaneiro nas instalacións de Tor, pertencentes á Rede Museística Provincial, coa presencia do alcalde, Severino Rodríguez, o delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, o director da película, Ignacio Vilar, e os actores protagonistas, Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, e Karra Elejalde.

A RODAXE EN TOR, “EXCELENTE ESCAPARATE PARA O TURISMO”

A gravación da película “A Esmorga” en Tor supón, según o delegado de Cultura da Deputación, “non só un enriquecemento para todos os lucenses desde un punto de vista cultural” ó apoiar as películas rodadas na provincia, , “senón tamén para o turismo, ó servir de excelente escaparate para xoias do patrimonio histórico-artístico lucense como o Pazo de Tor”, unha das mostras máis interesantes da arquitectura pacega de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ampliado o prazo para ver no Museo de Lugo a exposición sobre a cerámica de Díaz Pardo

Seguinte Nova

Polémica municipal por un informe que cualifica de «caótica e antigua» a rede de saneamento de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio