O VI Estase Cocendo 2014 sortea un porco de 100 quilos da devesa dos Formigueiros

Dende o 8 de febreiro e ata o 8 de marzo, a Delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo está a desenvolver o Estase Cocendo, que xa vai pola súa sexta edición. Como novidade deste ano, os organizadores sortearán entre os participantes nas xornadas gastronómicas do cocido un porco de 100 quilos da devesa dos Formigueiros, da Asociación Prodeme.

ÓSCAR PEREIRO, PADRIÑO DAS XORNADAS

Todos os establecementos hosteleiros da Ribeira Sacra lucense integrados nesta iniciativa ofrecerán a veciños e visitantes a posibilidade de comer ou cear un bo cocido, ó tempo que participan nas festas de Entroido que se celebran nas diferentes localidades, co aliciente de que poden levar para a casa un porco de regalo, se o sorteo lles é favorable. En canto á tradicional imaxe do Estase Cocendo, este ano as xornadas gastronómicas estarán apadriñadas polo deportista e comentarista Óscar Pereiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convocado o XXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte de Lemos

Seguinte Nova

Campaña de FETE-UGT Lemos contra o cambio “inxustificado” de libros de texto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio