Os días 6 e 13 de febreiro, a Concellería de Igualdade e o CIM de Monforte organizaron unha actividade destinada ós adolescentes para traballar contra a violencia de xénero e fomentar a igualdade. Según explicaron os responsables municipais, este obradoiro tivo como obxectivo fortalecer actitudes das persoas adolescentes ante posibles situacións de violencia de xénero, identificando sinais e indicadores presentes na nosa sociedade e procurando que non sexan tan vulnerables ante esta problemática. Este obradoiro de igualdade celebrouse no marco do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para formar unha rede de entidades locais contra a violencia de xénero, rede á que pertence o Concello de Monforte.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que
En Lourenzá tivo lugar o acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este
Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo
O Consello de Cultura Galega organizou a pasada semana no Colexio da Nosa Señora da Antiga