Organizan en Monforte a I Xornada de Sendeirismo Consciente

•Desenvolverase o domingo 16 de febreiro •A marcha partirá ás 10 da mañá do estacionamento do Parque dos Condes •A inscrición custa 9 euros, que se aboarán no momento da salida

O domingo día 16 de febreiro celebrarase en Monforte de Lemos a I Xornada de sendeirismo consciente, organizada pola Fundación Mundonatura. Según informaron dende o Concello de Monforte, a actividade está dirixida ó público en xeral que busque disfrutar dunha xornada de sendeirismo diferente. A combinación de natureza, sendeirismo e ioga realizarase co obxectivo de aprender a arte de vivir en harmonía con un mesmo, integrando unha parte meditativa e deportiva, con outra lúdica e de pracer, realizadas en plena natureza. O sendeirismo consciente defínese como unha forma de camiñar diferente, con momentos nos que se camiña practicando a meditación en movemento, conscientes da respiración, do corpo e das diferentes sensacións físicas. Durante as frecuentes paradas realízanse exercicios de respiración e relaxación para activar os centros enerxéticos e previr o estrés. A ruta comezará ás dez da mañá dende o estacionamento do Parque dos Condes. Máis información sobre esta actividade en deportes@concellodemonforte.com, ou ben nos teléfonos 982 875 430 e 982 875126.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Concerto en Quiroga do grupo Santa Compaña na noite do 15 de febreiro

Seguinte Nova

Ata o 18 de febreiro está aberto o prazo de inscrición no I Circuito Trail Running de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio