Os máis cativos preparan o Entroido na Biblioteca de Sober

As Merendas con Contos que se celebran durante todo o curso na Biblioteca Municipal de Sober adican as sesións do mes de febreiro á preparación do Entroido.

COMPADRES, COMADRES E MÁSCARAS

Os obradoiros desenvólvense no horario habitual dos venres, a partir das 17,30 horas, e os máis cativos traballan na elaboración de compadres e comadres así como de máscaras con materiais de reciclaxe. Para a elaboración de compadres e comadres, empregarase a técnica do papel maché, unha técnica artesanal de orixen oriental baseada no tratamento da pasta de papel. Unha vez elaboradas as cabezas das figuras, nenos e nenas poderán decoralas cos rostros dos seus personaxes favoritos.

HOMENAXE A ROSALÍA

Dende a Biblioteca informaron de que o 21 de febreiro celebrarán un ano máis un homenaxe a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento, o día 24, coa lectura de diversos poemas desta escritora universal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober recibiu a visita de membros da plataforma internacional Pangea

Seguinte Nova

Sober amosou a súa riqueza gastronómica na Feira Xantar 2014

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio