Pantón participa no obradoiro de emprego da Xunta que acondicionará varias áreas recreativas do municipio

Impulso intermunicipal dos obradoiros de emprego

A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, visitou o obradoiro de emprego RICRA-Ribeira Sacra que se celebra en O Saviñao. Díaz estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e os alcaldes dos concellos de Pantón, José Luis Álvarez; de Sober, Luis Fernández Guitián; e de O Saviñao, Joaquín González. DTXL.
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, visitou o obradoiro de emprego RICRA-Ribeira Sacra que se celebra en O Saviñao. Díaz estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e os alcaldes dos concellos de Pantón, José Luis Álvarez; de Sober, Luis Fernández Guitián; e de O Saviñao, Joaquín González. DTXL.

O Concello de Pantón participa no obradoiro de emprego RICRA-Ribeira Sacra, financiado pola Consellería de Traballo e impulsado conxuntamente polos concellos de Pantón, Sober e O Saviñao. Esta acción conta cun investimento autonómico de preto de 178.000 euros.

FORMACIÓN TEÓRICA E EXPERIENCIA LABORAL PARA 20 DESEMPREGADOS

O pasado 5 de febreiro, a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Ana María Díaz, visitou as instalacións de O Saviñao onde están a traballar os 20 traballadores desempregados que participan nesta iniciativa, que lles permite adquirir formación teórica e experiencia laboral nas especialidades de xardinería e montaxe e instalación de construccións de madeira. O obradoiro dura seis meses, durante os cales os traballadores percibirán o correspondente salario.

5 MELLORAS NO MUNICIPIO DE PANTÓN

Ó mesmo tempo, estes traballadores realizarán obras de interese social nos tres municipios participantes no obradoiro, e que no caso de Pantón centraranse na mellora e acondicionamento da contorna da área recreativa do Castro de Ferreira, da de Gallegos, da de Monte Baliño, así como na praza de Goián e na zona da Fervenza de Augacaída. A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, defendeu este novo modelo de obradoiros mancomunados entre concellos, “porque coordinan accións e reducen custes, permitindo o acceso ó maior número posible de persoas desempregadas”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completadas 35 obras na comarca de Sarria por importe de 246.100 euros

Seguinte Nova

Comeza o II Concurso de Deseño de Camisolas Festival do Castro 2014

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: