Primeiras sentenzas do Tribunal Superior de Galicia sobre a xestión da extinguida Fundación Tor

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de avalar a decisión da actual Deputación de Lugo de cesar ós antigos Patronos de dita Fundación

•O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de resolver unha sentenza a favor da actual Deputación de Lugo, desestimando o recurso contencioso interposto polos anteriores Patronos da Fundación Tor, nomeados polo Partido Popular, ó respecto do seu cese.

O TRIBUNAL AVALA O CESE DOS ANTIGOS PATRONOS

A Fundación do Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia foi creada en 2003 durante a etapa de goberno do Partido Popular na Deputación de Lugo, organismo propietario das fincas de Tor, e constituída pola Consellería de Medio Ambiente. Según precisaron dende o organismo provincial, o actual Goberno da Deputación decidiu xa en 2008, diante das irregularidades detectadas na anterior xestión desta Fundación, apartar ós Patronos designados polo Partido Popular e, a continuación, proceder á liquidación definitiva desta Fundación no ano 2009. O Tribunal Superior de Xustiza avalou recentemente a decisión da Deputación, desestimando o recurso contencioso presentado polos Patronos do Partido Popular; según os responsables provinciais, con este recurso os Patronos pretendían seguir á fronte da Fundación, percibindo remuneracións, e ata ampliar o número de integrantes.

A FISCALÍA MANTÉN ABERTAS VARIAS LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

Ademais desta sentenza, a finais de xaneiro o Tribunal Superior de Xustiza dictou outra, pola que ordena ó ex secretario desta Fundación, designado polo Partido Popular, devolver o coche que, según precisaron dende a Deputación, mantiña dende hai anos no seu poder, a pesares de ser un ben público, e que en reiteradas ocasións lle foi reclamado polo organismo provincial. Dende o Goberno provincial informaron de que a Fiscalía mantén abertas varias liñas de investigación sobre a xestión da Fundación Tor durante o goberno do Partido Popular na Deputación, e que están referidas, según precisan os actuais responsables provinciais, á desaparición de case un millón de euros de fondos públicos, gastos sen xustificar que foron cargados á Fundación Tor en conceptos de viaxes a varios países, telepeaxes ou comidas, entre outros; talas masivas na finca de Tor, que causaron uns danos estimados en 1.058.000 euros; e cazas ilegais dentro da propia finca, nas que se empregaron armas prohibidas pola lei e animais vivos como chamariz.

SITUACIÓN REGULARIZADA

O actual Goberno provincial fixo fronte a esta situación saldando todas as débedas contraídas pola xestión anterior, ata regularizar a situación. Con esta finalidade, o Executivo provincial actuou diante da Axencia Tributaria e o Rexistro de Propiedade, e procedeu a abrir novas contas bancarias, cambiar as pechaduras, alimentar ós animais, limpiar e acondicionar as instalacións da finca, facer averiguacións na Xunta de Galicia, na DGT, e na Subdelegación do Goberno, entre outros, ata rematar coa liquidación da Fundación Tor.

NOVO IMPULSO DOS SECTORES CINEXÉTICO E APÍCOLA EN TOR

Dende que en 2009 quedou liquidada a Fundación Tor e a Deputación pasou a ser titular oficial dos terreos, o principal obxectivo do Goberno provincial é poñer en valor as 200 hectáreas deste patrimonio público. Con tal fin, a Deputación de Lugo está a ultimar dous proxectos para o impulso do sector apícola e cinexético; este último, según os responsables provinciais, podería xerar un volume de negocio na provincia de 24 millóns de euros ó ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Homenaxe ós teceláns lucenses cunha mostra

Seguinte Nova

Un documental sobre a Serra do Courel difundirá o traballo de investigación da Estación Científica de Seoane

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: