Medio Rural invistiu 2 millóns de euros en dotar deste vehículo a 14 concellos

Sarria é un dos 14 concellos galegos que disporá dun novo vehículo motobomba para a extinción de incendios. A Consellería de Medio Rural e Mar investiu preto de 2 millóns de euros na adquisición destes vehículos, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible 2010-2014. Según informaron os responsables de Medio Rural, os todoterreos cedidos son de dous tipos; por unha banda, sete están equipados con cisterna de 3.000 litros e cabina sinxela, e por outra, os sete restantes van equipados con cisterna de 2.400 litros e cabina dobre. Ademais de Sarria, os concellos galegos beneficiados con esta aportación da Consellería son Becerreá, Brión, Castro Caldelas, Calvos de Randín, Forcarei, A Gudiña, Lalín, Manzaneda, Montederramo, Muíños, Mugardos, Palas de Rei e Vilariño de Conso.•