Sarria conta cun novo vehículo motobomba para a extinción de incendios

Medio Rural invistiu 2 millóns de euros en dotar deste vehículo a 14 concellos

A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, cos 14 vehículos na fábrica Urovesa. GPCMR.
A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, cos 14 vehículos na fábrica Urovesa. GPCMR.

Sarria é un dos 14 concellos galegos que disporá dun novo vehículo motobomba para a extinción de incendios. A Consellería de Medio Rural e Mar investiu preto de 2 millóns de euros na adquisición destes vehículos, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible 2010-2014. Según informaron os responsables de Medio Rural, os todoterreos cedidos son de dous tipos; por unha banda, sete están equipados con cisterna de 3.000 litros e cabina sinxela, e por outra, os sete restantes van equipados con cisterna de 2.400 litros e cabina dobre. Ademais de Sarria, os concellos galegos beneficiados con esta aportación da Consellería son Becerreá, Brión, Castro Caldelas, Calvos de Randín, Forcarei, A Gudiña, Lalín, Manzaneda, Montederramo, Muíños, Mugardos, Palas de Rei e Vilariño de Conso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cea de confraternidade dunha peña de mulleres do barrio da Estación

Seguinte Nova

MANUEL ROXO, responsable de VERBENA GALEGA: “Queremos renovar as festas dos pobos e parroquias, e facilitar ás Comisións de Festas unha proposta excepcional de música galega”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: