Semestre de teatro en Monforte

A Concellería de Cultura de Monforte integra de novo o teatro na súa programación para o ano que comeza. Para os máis novos e tamén para adultos, o programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios á que está adherido o Concello de Monforte ofrecerá ata xuño catro representacións na cidade do Cabe, en concreto no Edificio Multiusos, a cargo de compañías profesionais. O calendario abrirase o domingo 16 de febreiro coa obra “O príncipe e o parrulo”, a cargo da compañía Eme2, e destinada ó público infantil. Para os máis cativos vai dirixida a segunda das representacións, “Xango”, que a compañía Talía Teatro porá en escea o domingo 16 de marzo. O público adulto poderá disfrutar no mes de abril da obra “As do peixe”, que a compañía Abrapalabra porá en escea o mércores 16, e xa en maio, o sábado 7 representarase “A charca inútil”, a cargo da compañía Teatro do Atlántico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Obradoiro de igualdade para adolescentes en Monforte

Seguinte Nova

Ampliado o prazo para ver no Museo de Lugo a exposición sobre a cerámica de Díaz Pardo

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: