Sober amosou a súa riqueza gastronómica na Feira Xantar 2014

Esta cita gastronómica a nivel internacional celebrada en Expourense foi visitada por 20.000 persoas

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, brindan na clausura da feira gastronómica internacional Xantar 2014. GPXG.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, brindan na clausura da feira gastronómica internacional Xantar 2014. GPXG.

O Concello de Sober participou cun stand propio no XV Salón Internacional de Gastronomía e Turismo Xantar 2014, que se celebrou en Ourense do 5 ó 9 de febreiro. A última sesión da mostra estivo adicada ó municipio soberino, e os visitantes puideron participar ó mediodía nunha degustación de viño de Amandi e galo de corral por cortesía dos Concellos de Sober e Vila de Cruces. O rexedor soberino, Luis Fernández Guitián, destacou a oportunidade que supuxo esta mostra para “dar a coñecer Sober e axudar na promoción da XXXIV Feira do Viño de Amandi”, que se celebrará os días 12 e 13 de abril. No stand promocional do Concello de Sober déronse a coñecer os folletos sobre os nove miradoiros do municipio, así como a guía con todas as adegas da localidade adscritas á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Os visitantes recibiron ademais todo tipo de información sobre a oferta hosteleira, artesanal e monumental de Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os máis cativos preparan o Entroido na Biblioteca de Sober

Seguinte Nova

Monforte mellora na xestión do lixo, cunha redución do 2% en 2013

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio