Sober recibiu a visita de membros da plataforma internacional Pangea

Impresionados pola paisaxe da Ribeira Sacra

O grupo de mozos e mozas pertencentes á plataforma internacional Pangea durante a súa visita a pé por un tramo da ruta do Tren Turístico de Doadi-Amandi. (Foto cedida Antonio Rodríguez).
O grupo de mozos e mozas pertencentes á plataforma internacional Pangea durante a súa visita a pé por un tramo da ruta do Tren Turístico de Doadi-Amandi. (Foto cedida Antonio Rodríguez).

A primeira fin de semana de febreiro, un grupo de xóvenes de varios países, integrantes da plataforma internacional Pangea, visitou a Ribeira Sacra invitado por Casa do Estevo, Tren Turistico, Regina Viarum e Restaurante A Cantina. Estes negocios soberinos uniron forzas para conseguir que esta selecta élite do coñecemento internacional se achegase ó corazón da Ribeira Sacra e, tendo como base Amandi, percorrer diversos puntos da zona e incluso de Galicia. Os participantes amosaron a gran impresión recibida pola paisaxe e os viñedos milenarios de Doade e Amandi, que percorreron no Tren Turístico. O tramo de As Borreas fixérono a pé para sentir a emoción e beleza máis ó natural. Un dos membros da expedición, procedente de Kuwait, afirmou que lle ía recomendar a viaxe a seu pai, e todos os membros manifestaron a súa intención de asistir á vendima, para poder contemplar en vivo a realidade case imposible, da viticultura heroica. Degustacións, visitas interactivas e información sobre todo o relacionado coa cultura do viño da nosa zona encheron estes intensos días en Doade deste grupo de prometedores e talentosos xóvenes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

MANUEL ROXO, responsable de VERBENA GALEGA: “Queremos renovar as festas dos pobos e parroquias, e facilitar ás Comisións de Festas unha proposta excepcional de música galega”

Seguinte Nova

Os máis cativos preparan o Entroido na Biblioteca de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: