A riqueza monumental da Ribeira Sacra é a protagonista do calendario 2014 que elaborou a Asociación para a Defensa do Románico Galego O Sorriso de Daniel, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo. O calendario inclúe 12 imaxes das igrexas románicas máis singulares da comarca, pertencentes aos concellos do Saviñao e Pantón, tomadas pola fotógrafa uruguaia radicada en Galiza, Soledad Felloza. “Esta iniciativa súmase ás voces que piden a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade”, afirmou o delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro.