Este mes no Círculo Saviñao

Aínda que o neurocirurxián ruso Andrei V. Baskov non puido estar presente debido ós seus compromisos profesionais, a presentación da súa exposición fotográfica “Kamchatka” correu a cargo do arquitecto Marcos Sánchez, o pasado 9 de febreiro no Círculo Saviñao. A flora, a fauna e a beleza dos ríos e volcáns da illa máis oriental de Rusia, declarada Patrimonio Mundial da UNESCO en 1997, poden disfrutarse da man desta recopilación fotográfica de Baskov, que coñeceu España polo seu traballo de médico, e dende hai anos veranea nunha rehabilitada casa de aldea en O Saviñao.