Volven os Mercados temáticos de Monforte

A nova temporada dos Mercados de Monforte comezou o pasado 8 de febreiro na Praza de Abastos, cun mercado adicado ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra. EC
A nova temporada dos Mercados de Monforte comezou o pasado 8 de febreiro na Praza de Abastos, cun mercado adicado ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra. EC

Os Mercados de Monforte volven con forza este ano, cunha frecuencia mensual e as mesmas señas de identidade dos pasados mercados, baseados na calidade, variedade e a aposta polo comercio local e os produtos autóctonos do sur lucense. Así, a primeira cita no Espazo Central da Praza de Abastos, lugar que acolle estes mercados temáticos, celebrouse na fin de semana do 8 e 9 de febreiro, tendo como protagonistas ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra. Os días 15 e 16 deste mes celebrarase un Mercado da Oportunidade, organizado polo Concello en colaboración co comercio local, e a fin de semana do 22 e 23 o CCU organizará un Mercado de Voda e Comuñón. Como adianto, dende o Concello de Monforte informaron de que en marzo celebraranse catro mercados, adicados á Muller Creativa (coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora), o mercado da Ribeira Sacra, o Chocolate Paixón, e o Mercado Deportivo, que coincide coa Carreira Popular de Monforte. Xa en abril, desenvolveranse os mercados Ribeira Sacra, Party Line, Feira Medieval e Calzado Tradición.

Calidade, sabor e tradición caracterizan ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra. EC.
Calidade, sabor e tradición caracterizan ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra. EC.

A PRAZA DE ABASTOS, “UN ESPAZO DE REFERENCIA” NA DINAMIZACIÓN LOCAL

A concelleira de Promoción Económica, Mª Xosé Vega Buján, explicou que o primeiro obxectivo desta nova temporada dos Mercados de Monforte é celebralos todas as fins de semana, debido ós resultados das “experiencias positivas” de anos anteriores, e para convertir a Praza de Abastos “nun espazo de referencia”. O segundo obxectivo dos Mercados de Monforte para este ano busca dar un protagonismo mensual ó comercio local é os produtos da Ribeira Sacra. “Cada mes haberá un mercado adicado ó comercio local, e outro á Ribeira Sacra”, ademais dos “mercados temáticos sobre produtos variados e atractivos”. Vega Buján destacou asimesmo que os Mercados de Monforte pretenden este ano introducir “o mundo creativo, un mundo moi amplo que pode abarcar dende a artesanía ata a fotografía e o audiovisual”.

Ademais, os mercados que se programen estarán vinculados a algunha actividade significativa que se desenvolva ese mes na cidade, como a Feira Medieval ou a Carreira Popular. A concelleira de Promoción Económica destacou que xa hai preto de 60 comerciantes e produtores de Monforte e da Ribeira Sacra que participan con regularidade nestes Mercados. Os Mercados de Monforte desenvolveranse os sábados en horario de 10 a 14 horas, e de 17 a 20 horas, mentres que o domingo funcionarán en horario de mañá, de 10 a 14 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A comarca de Sarria celebra a VI Festa do Cocido do Porco Celta de Sarria

Seguinte Nova

Máis fondos europeos para mellorar a inserción laboral

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio