No municipio de Chantada, o organismo provincial vén de financiar na súa totalidade o arranxo da antigua escola de San Fiz de Asma para o seu uso como local social a petición da Asociación Veciñal Airiña de Meicosta, aportando 12.000 euros. Ademais, custeou con outros 12.000 euros o acondicionamento do camiño de San Cristovo a Vilaeso, na parroquia de Mouricios, do que se beneficiarán preto de 70 veciños, e que fora solicitada pola Asociación de Comuneros. Pola súa banda, no municipio de Carballedo, a Deputación destinou unha partida similar ó arranxo dos accesos da parroquia de Milleirós, e a Asociación Veciñal da Costiña, na parroquia de Castro, recibiu 3.000 euros do ente provincial para investir na realización de diversas melloras no seu local social.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro